Resposta a Rosalía
GALICIA INFINDA
No cabo de século dos
seus «Cantares Gallegos»
Eu cantar, cantar, cantei
a graza non era moita...
Ti cantar, cantar cantache,
ti cantache, Rosalía;
ti cantar, cantar, cantache,
da graza de Deus unxida,
concertos de reiseñores,
de rulas que loitos choran,
de galos na amañecida,
de airiños que tollen mágoas,
de mozas pernas que esbrinzan
e de xogorás punteiros
de gaitas nas romerías
........................................
Do río, na florida beira
do mar ao pé das ondiñas,
cantache, nova alborada,
o abrente dun claro día.
E, teu cantar, foi roibén,
foi diana de ledicia,
pois cantache o «resurrexit»
da lene fala esquecida
GALICIA INFINDA
No cabo de século dos
seus «Cantares Gallegos»
Eu cantar, cantar, cantei
a graza non era moita...
Ti cantar, cantar cantache,
ti cantache, Rosalía;
ti cantar, cantar, cantache,
da graza de Deus unxida,
concertos de reiseñores,
de rulas que loitos choran,
de galos na amañecida,
de airiños que tollen mágoas,
de mozas pernas que esbrinzan
e de xogorás punteiros
de gaitas nas romerías
........................................
Do río, na florida beira
do mar ao pé das ondiñas,
cantache, nova alborada,
o abrente dun claro día.
E, teu cantar, foi roibén,
foi diana de ledicia,
pois cantache o «resurrexit»
da lene fala esquecida
...........................................
Ti cantar, cantar cantache,
cantache que ben sabías;
cantache de graza chea:
voz gloriosa da Galicia
Ti cantar, cantar cantache,
cantache que ben sabías;
cantache de graza chea:
voz gloriosa da Galicia