16 de out. de 2019

O SAMAÍN CURSO 2019-2020

Dende o EDLG vos realizamos a seguinte proposta de actividades de cara á celebración do Samaín:
         - Os nenos e nenas dos seguintes cursos contarán contos e/ou cantarán cancións dacordo a seguinte orde:

                   2º E:P.___________3 anos E.I.
                   3º E.P.___________4 anos E.I
                   4º E.P.___________5 anos E.I
                   5º E.P.___________1º E.P.
                   6º E.P.___________2º E.P.

       -  Os grupos A e B contarán  ou cantarán os grupos A e B respectivamente. Os titores  acordarán a data e horario desta actividade.

         - En canto a decoración do centro, a proposta deste curso e que os nenos e nenas realicen caroutas ou sombreiros con materiais de reciclaxe. O ideal sería telo exposto na semán  do 21 ó 25.

         - Tamén propoñemos o concurso de debuxos e contos de medo do Samaín, que será de participación voluntaria dos nenos e nenas. Os nenos e nenas de E.I. e 1º de E.P. poden participar cun debuxo alusivo. A partires de 2º de E.P. participarán cun conto. A data límite de entrega será o 26 de outubro e haberá un buzón exposto na entrada do colexio para introducir os traballos. Entregaremos premios por clase para os pequenos e individuais para os contos.

 Conto: A bruxa regañadentes

 


Canción: Brinca vai

 


CONTO: FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS



Conto: Corre corre cabaciña





Algunhas ideas para decorar
Monstros
Máscaras reciclaxe    
Máscaras          -






24 de abr. de 2019

LETRAS GALEGAS 2019: ANTONIO FRAGUAS


https://www.symbaloo.com/embed/letrasgalegas2019?


UNIDADE DIDÁCTICA

FICHA DIDÁCTICA

C A N T I G A S   D E    C O T O B A D E
O concello de Cerdedo-Cotobade acollerá o vindeiro 17 de maio o acto central do Día das Letras Galegas dedicado a Antonio Fraguas. A Real Academia Galega celebrará o seu pleno extraordinario na localidade natal do historiador e etnógrafo, pero as iniciativas de divulgación da súa vida e obra empezaron xa na web da institución. O académico correspondente Clodio González asina a biografía do intelectual nun espazo específico de academia.gal que seguirá a se alimentar ao longo deste ano con imaxes, documentos, novas, reportaxes e entrevistas arredor dun home que desde mozo desenvolveu un importante traballo "desinteresado, silandeiro e constante a prol da nosa cultura, sen nunca agardar nada a cambio", salienta o biógrafo.

Antonio Fraguas. Fonte: Museo do Pobo Galego

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, inaugura ademais o ano na sección "Tribuna" cun artigo no que, alén da súa crónica vital "construída desde a coherencia e a lealdade ao seu país", destaca a utilidade pedagóxica da figura de Antonio Fraguas. "Abre para todos nós a explicación profunda da nosa identidade: o tesouro inmenso da cultura popular", conclúe.
Antonio Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999), membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e director do Museo do Pobo Galego, dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. O seu labor contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento, unha idea que segue a ser preciso reivindicar.
"O noso idioma resistiu non nas cátedras da universidade nin nas cadeiras de elevadas institucións, senón na xente do común, os máis humildes, na Galicia labrega e mariñeira da que fala o poeta que, malia as leis asoballadoras da historia, mantivo ergueita a propia voz, labrada na pedra dos canteiros, na rella do arado, na música dos camiños, nos cantares de romaría, nos refráns, nas adiviñas, nas mans encalecidas do traballo, mais tamén no berce dos arrolos e os bicos das nais. De todo ese universo, extraordinariamente rico, trata a obra de Antonio Fraguas", expresa o presidente da RAG.
Entre outras iniciativas para divulgala, a institución presentará nas últimas semanas do inverno a cuarta edición da Primavera das Letras, o proxecto web que fornece a comunidade educativa de material lúdico e didáctico para achegarse á celebración do Día das Letras Galegas dun xeito interdisciplinario e ameno. Neste marco convocarase o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras, que se resolverá á volta do verán, e xa no mes de novembro celebrarase o tradicional simposio dedicado ao protagonista do Día das Letras Galegas deste ano.











1 de feb. de 2019

2 DE FEBREIRO DÍA DA CANDELORIA






A Candeloria

Na catedral do abrente
hoxe cásanse os paxaros,
con nubens de neve e ouro
está o ceo galanado.

Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibéns soben no lonxe
como rosarios de encenso.

O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.

Vai tocando polo campo
a sua zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.

O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dálles a beizón nupcial.

Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa desta noite
estrena un luar o campo.

(Luís Amado Carballo, Proel, 1927)