31 de out. de 2017

SAMAÍN 2017


Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, oucabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveirasde melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

3 de maio de 2017

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2017






LETRAS GALEGAS 2017 -CARLOS CASARES



LIGAZÓNS PARA TODOS OS CURSOS:

EDUCACIÓN INFANTIL: A GALIÑA AZUL:
1º e 2º E. PRIMARIA: LOLO ANDA EN BICICLETA:
3º e 4º E. PRIMARIA: TORIBIO E O CONTADOR DE CONTOS
http://seminariogalan.org/inicio/ver/337
5º E. PRIMARIA: O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN
6º E. PRIMARIA: OS AGOSTOS DE CASARES



2 de feb. de 2017


A CANDELORIA, A FESTA DA LUZ

A festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos


lume
A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro.  Consiste  na bendición  das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.   

A CANDELORIA

Noutros tempos estas candeas eran utilizadas para ser postas nas mans dos moribundos coma símbolo de protección cristiá no tránsito á outra vida.  Neste día, o crego bendí-las velas ou candeas que os fieis manteñen acesas durante a misa e que logo levan para a casa.  A estas  candeas bendicidas atribúenselle poderes coma ós de calma-las treboadas e alumea-lo camiño das almas que deixan este mundo.   
Pero a orixe desta festa, coma a doutras moitas celebracións cristiás, é pagá. Era a antiga “festa da luz” , celebrada polos celtas e tamén polos romanos.
En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso, senón que, no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños” . Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. Considerábase a esta festa coma “a do amor e do apareamento no reino animal”.  
En Galicia coñecense tamén varios refráns que fan alusión á esperada melloría do tempo por esas datas:

Pola Candeloria mitá do inverno vai fora.
Se a Candeloria chora vai o inverno fora;
se rí, o inverno quer vir;
mais cal chorar, cal rir,
medio inverno está por vir 

30 de xan. de 2017

DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO

            
  O Día Escolar da Paz e a Non Violencia (DENIP) é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal e que se practica no aniversario da morte do Mahatma Gandhi (30 de Xaneiro), día recoñecido pola UNESCO no ano 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, o seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. O lema deste día é: ‘amor universal, non violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra’.