18 de dec. de 2015

O NADAL - CALENDARIO MULLERES GALEGAS

Clica aquí


Neste curso, de cara o Nadal o EDLG propuxo que cada aula ou nivel realizara un traballo ilustrado sobre algunha muller galega de relevancia en calquer área.
Despois se realizou unha selección e realizamos o calendario que aquí vedes.
Esperamos que vos guste!
                              Feliz 2016!

26 de out. de 2015

S A M A Í N

     


 Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de Samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
       Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos , ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveirasde melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc
  Neste vídeo está moi ben explicada a festa e de paso podedes escoitar a canción do Samaín que cantaremos o vindeiro xoves, 29 de outubro


CLICA AQUÍ PARA VELO VÍDEO
       
RECURSOS PARA O SAMAÍN

17 de maio de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015. XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

O homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...

23 de abr. de 2015

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO




Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
HISTORIA
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. O escritor e editor valenciano, establecido en BarcelonaVicent Clavel Andrés, propuxo este día á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.
6 de febreiro de 1926, o goberno español, presidido por Miguel Primo de Rivera, aceptou a data e o reiAlfonso XIII asinou o decreto real que instituíu a Festa do Libro en España.
Libros na Biblioteca do Merton College,Oxford
No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.
15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.
Printing3 Walk of Ideas Berlin.JPG
UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). NaInglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregorianoque se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega, fillo do conquistador Sebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo, irmá de Huayna Capaz, último emperador indio.
O día 23 de abril coincide así mesmo cos aniversarios do nacemento de Vladimir NabokovMaurice DruonManuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness, e co aniversario do falecemento de Josep Pla.
En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo Rei en Alcalá de Henares ese día.
No Reino Unido e Irlanda o Día do Libro vénse celebrando desde o 2002 o primeiro xoves de marzo. Ese día as escolas reparten un vale de 1 libra e 1,5 euros, respectivamente, ós nenos para que poidan mercar os libros (ou audiolibros) que se publican especialmente para esa ocasión ou para mercar calquera outro libro. Ese día moitas escolas celebran maratóns de lectura, mostras e mercados de libros.

15 de feb. de 2015

ENTROIDO MEDIEVAL


ENTROIDO MEDIEVAL NO PORTOFARO


Este é un cole moi divertido 
Andan entrando paiasos de seguido,
Se o cole mañá queres vir,
Ponte algo que nos faga rir






Os que vivan na Barcala, os que vivan no Graxal,
Non virán para o colexio, converteuse en HOSPITAL
De médico ou enfermeiro, celador ou docente
De mancado ou operado, 
con escaiola ou usen dentes
En ambulancia podes vir. 
Se co Entroido querer rir.
 













Inda que non vai moita calor mañá tes que vir en bañador
Este non é tempo de cole, mais ben tempo de praia
Trae o bronceador e a toalla.


   

Despois de tres días cumplindo as ordes do meco, celebramos o entroido e aprendimos moitas cousas sobre o noso cole e a súa bisbarra.






1 de feb. de 2015

NOVO BLOGUE DO EDLG

Ola!
Comezamos hoxe un novo blogue porque no antigo servidor non podíamos cargar moitas fotos pois non daba a opción, polo que moitas das entradas non quedaban como nos gustaría ós membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Esperamos que este blogue vos guste e que o visitedes moitas veces.
Lembrade que:
                       
 O idioma é a forza
       que nos xungue e sostén.
     Se perdemos a fala
       non seremos ninguén
                                              Manuel María