O homenaxeado do Día das Letras Galegas
2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor,
político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906.
Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e
obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o
doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como
profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a
sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos.
Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro
da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia
Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do
Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis
fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e
recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que
abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de
artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas,
pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao
escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor
trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...