correlingua_2016 from portofaro2010 on Vimeo.
4 de maio de 2016
27 de abr. de 2016
CORRELINGUA 2016
O vindeiro 3 de maio, os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria, asistiremos o Correlingua 2016. que este ano ten coma lema
O GALEGO ESTÁ EN NÓS
19 de abr. de 2016
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016 - MANUEL MARÍA, AUTOR HOMENAXEADO
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
8 de feb. de 2016
ENTROIDO NO PORTOFARO
Este curso celebramolo Entroido disfrazándonos de personaxes de contos. Como o tempo climatolóxico nolo permitiu, saímos a desfilar polo paseo.
18 de dec. de 2015
O NADAL - CALENDARIO MULLERES GALEGAS
Clica aquí
Neste curso, de cara o Nadal o EDLG propuxo que cada aula ou nivel realizara un traballo ilustrado sobre algunha muller galega de relevancia en calquer área.
Despois se realizou unha selección e realizamos o calendario que aquí vedes.
Esperamos que vos guste!
Feliz 2016!
26 de out. de 2015
S A M A Í N
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de Samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos , ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveirasde melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc
Neste vídeo está moi ben explicada a festa e de paso podedes escoitar a canción do Samaín que cantaremos o vindeiro xoves, 29 de outubro
RECURSOS PARA O SAMAÍN
17 de maio de 2015
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015. XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE
O homenaxeado do Día das Letras Galegas
2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor,
político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906.
Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e
obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o
doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como
profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a
sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos.
Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro
da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia
Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do
Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis
fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e
recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que
abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de
artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas,
pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao
escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor
trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









