25 de feb. de 2021

 

A CANDELORIA, A FESTA DA LUZ

A festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos


 


lume
A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro.  Consiste  na bendición  das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.   

A CANDELORIA

Noutros tempos estas candeas eran utilizadas para ser postas nas mans dos moribundos coma símbolo de protección cristiá no tránsito á outra vida.  Neste día, o crego bendí-las velas ou candeas que os fieis manteñen acesas durante a misa e que logo levan para a casa.  A estas  candeas bendicidas atribúenselle poderes coma ós de calma-las treboadas e alumea-lo camiño das almas que deixan este mundo.   
Pero a orixe desta festa, coma a doutras moitas celebracións cristiás, é pagá. Era a antiga “festa da luz” , celebrada polos celtas e tamén polos romanos.
En Galicia non só era moi celebrada esta festa dentro do relixioso, senón que, no ámbito agrario, se celebraba o “casamento dos paxariños” . Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. Considerábase a esta festa coma “a do amor e do apareamento no reino animal”.

Pola Candeloria mitá do inverno vai fora.
Se a Candeloria chora vai o inverno fora;
se rí, o inverno quer vir;
mais cal chorar, cal rir,
medio inverno está por vir 

22 de xan. de 2020

O noso colexio sempre solidario


O Portofaro dona a ENKI a recadación da venda de calendarios de deporte inclusivo

 



Entrega dos cartos recadados no colexio a ENKI.  
Alumnos do colexio Portofaro donaron onte ao proxecto ENKI os 534 euros que recadaron coa venda dun calendario de 2020 sobre deporte inclusivo, que promoveu o equipo de Dinamización da Lingua Galega e inclúe actividades dos rapaces pola inclusión de personas con diversidade funcional, en colaboración coa iniciativa da Fundación Abrente. O calendario recolle traballos que os rapaces fixeron cada mes sobre distintas disciplinas de deportes inclusivos. Os encargados da venda dos exemplares foron alumnos de 5º e 6º curso de Primaria. Con esta iniciativa, o colexio cambrés pretende "fomentar no seu alumnado a concienciación sobre as dificultades e logros das persoas con diversidade funcional", di o centro.