O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
HISTORIA
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. O escritor e editor valenciano, establecido en Barcelona, Vicent Clavel Andrés, propuxo este día á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.
O 6 de febreiro de 1926, o goberno español, presidido por Miguel Primo de Rivera, aceptou a data e o reiAlfonso XIII asinou o decreto real que instituíu a Festa do Libro en España.
No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.
O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). NaInglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregorianoque se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega, fillo do conquistador Sebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo, irmá de Huayna Capaz, último emperador indio.
O día 23 de abril coincide así mesmo cos aniversarios do nacemento de Vladimir Nabokov, Maurice Druon, Manuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness, e co aniversario do falecemento de Josep Pla.
No Reino Unido e Irlanda o Día do Libro vénse celebrando desde o 2002 o primeiro xoves de marzo. Ese día as escolas reparten un vale de 1 libra e 1,5 euros, respectivamente, ós nenos para que poidan mercar os libros (ou audiolibros) que se publican especialmente para esa ocasión ou para mercar calquera outro libro. Ese día moitas escolas celebran maratóns de lectura, mostras e mercados de libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario