30 de xan. de 2017

DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO

            
  O Día Escolar da Paz e a Non Violencia (DENIP) é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal e que se practica no aniversario da morte do Mahatma Gandhi (30 de Xaneiro), día recoñecido pola UNESCO no ano 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, o seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. O lema deste día é: ‘amor universal, non violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra’.

Ningún comentario:

Publicar un comentario